Los Satélites acaba de lanzar un novo tema, de creación propia, titulado “Corazón galego” .
“É un tema feito desde os nosos orixes, que fala da morriña da propia terra, de como un ou unha galega nunca deixa de selo por moi lonxe que se atope do seu fogar” explica o director musical da orquestra Javier Saavedra.
Nesta ocasión contaron coa colaboración de G Face. A veterana orquestra pretende “crear un himno aportando a esencia de Los Satélites”.
Esta semana o artista Ortiga falaba en Radio Xallas do seu novo hit “Le hice el seso a tu novio”, onde conta coa cooperación de Los Satélites, que participan en varios temas do que será o seu terceiro disco.