O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, obtivo unha ampla vitoria electoral nas últimas eleccións municipais, pasando de 7 a 8 concelleiros cos 11 posibles.
Cando se cumpre case un ano do novo mandato falou en Radio Xallas. “Nós seguimos traballando para que o concello mellore. Penso que os piares básicos son o traballo e a cercanía á xente”. Entende que os veciños percibiron a “ilusión do noso equipo”.
Traballo e cercanía á xente
Agora mesmo, Pereiro Liñares ten varios obxectivos. Que comece a funcionar a Gardería municipal, que empece a construírse a Residencia da Terceira Idade de Pontepedra e seguir coa política de infraestruturas e saneamentos.
E tamén atender as inquedanzas veciñais: “As plantacións e o urbanismo son preocupacións diarias dos veciños e cada vez máis os servizos sociais teñen moito peso no día a día do alcalde”.
Pereiro coincide con moitos alcaldes:”Cada vez é máis complicado manter os servizos sociais para un concello”.
Outro dos retos do executivo do PP de Tordoia é o aforro enerxético “e estamos traballando nas zonas solares e na renovación do alumeado”.
Entrevista ao alcalde de Tordoia en Radio Xallas- Desde o minuto 63
Tordoia, ubicación privilexiada
Pero no fondo, o relevante é evitar o despoboamento. Antonio Pereiro vende as cualidades do seu municipio: “Estamos no rural e nunha situación privilexiada a carón de dous aeroportos e do Polígono do Tambre, temos unha administración áxil, e un patrimonio cultural e natural importante”.
Para o alcalde de Tordoia “o reto é manter a poboación e conseguir que veña xente vivir a Tordoia. O futuro está onde un estea cómodo e a gusto”. E este alcalde desde 6 anos e sufrido aficionado “atlético” quere traballar nese sentido, porque como el mesmo afirma “o esforzo non se negocia