7.5 C
Santa Comba
viernes, enero 17, 2025

O BNG pide unha actuación inmediata no CEIP Barrié para solucionar “os problemas máis graves”

O BNG urxe á Xunta a que aproveite o período vacacional para solucionar os graves problemas das instalacións do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba.

Nunha nova visita ao centro, a deputada Iria Carreira e o portavoz municipal, Juan David Sixto, reuníronse con representantes da ANPA.

Urxen á Xunta a aproveitar o período vacacional

«Instamos á Xunta no Parlamento a que iniciase o proceso para un proxecto de reforma integral do centro educativo que, como podemos comprobar, é máis que necesaria mais, en todo caso, urximos de novo a que se aproveite o período vacacional para solucionar os problemas máis graves que afectan ás instalacións», sinalou Iria Carreira.

Pola súa parte, Juan David Sixto, insistiu en que sería «unha grave irresponsabilidade que se iniciase o curso con estas eivas que afectan á saúde e a seguridade a comunidade educativa e, polo tanto, esiximos que se aproveite o período vacacional no que o centro non ten actividade para efectuar obras que palien os problemas máis graves».

Desde o BNG reiteran que o centro ten deficiencias moi importantes “con xanelas de cristal único e en pésimas condicións, o que se agrava aínda máis cun sistema de calefacción insuficiente que no inverno no consegue alcanzar unha temperatura adecuada en certas dependencias como o propio ximnasio”.

Críticas ao goberno local xalleiro

E lembran que xa presentaron varias iniciativas plenarias , reclacionadas con estas demandas, no mes de abril, a través das deputadas Iria Carreira e Cristina Fernández.

Juan David Sixto tamén se referiu ao goberno local do PSOE: «O centro esixe unha mellora integral xa que existen problemas graves que hai que solucionar mais, mesmo así, vémonos na obriga de denunciar tamén a deixadez por parte do concello que ten que asumir o seu mantemento. Na visita puidemos comprobar que hai lámpadas que non se cambian, portas desleixadas, avarías na calefacción… ás que tería que poñer remedio o goberno municipal que, por outra parte, non está a facer a presión sobre a Xunta para que tome cartas no asunto».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos