O recinto feiral de Santa Comba acolle desde este venres o concurso autonómico da raza frisona.
A inauguración oficial será este 23 de febreiro ás 18,30 aínda que desde dúas horas antes celebrarase o XVII Concurso de Xóvenes Preparadores de Gando, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia. E tamén haberá unha actuación do grupo de acordeóns Amigos de Alborada.
O sábado ao longo de toda a xornada terán lugar os xulgamentos das sección de xatas e xovencas, pola mañá( de 10,30 a 13,30h), e vacas e campionatos pola tarde(de 15h a 18,30h).
Sobre as 18, Alba Caamaño interpretará o himno galego acompañada por Jorge Castelo.
O domingo terá lugar, desde as 11,30, o XXXIX Concurso de Xóvenes Manexadores organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia. Despois será a clausura (14,30h).
El anterior campeonato autonómico celebrado en Santa Comba fue en noviembre de 2018.
Un evento moi importante en Santa Comba
O presidente de Africor Coruña, Fernando Suárez, asegura que este concurso “é un evento moi importante para o sector pero tamén para o lugar onde se fai neste caso Santa Comba”.
En declaracións a Radio Xallas, Suárez Mouro explicou que “o que se trata é de dar visibilidade a fortaleza do sector desde unha comarca referente” e sirva para amosar “a profesionalidade que se está conseguindo nas ganderías con animais de excelente calidade e un manexo espectacular”.
Para Manel Gegúndez, director da revista Vaca Pinta é “un punto de encontro de profesionais do sector”. Desde este medio ofrecerán un emisión do concurso en streaming na páxina web aparte da cobertura para a revista, que acaba de cumprir seis anos.
Tamén na emisora xalleira falou sobre este evento destacado o alcalde de Santa Comba Alberto Romar, que valorou a relevancia que a actividade lle dará ao municipio tanto no movemento comercial como na proxección do territorio.
Durante toda a fin de semana haberá unha exposición de comercios no interior do recinto e unha mostra de maquinaria agrícola no exterior, xunto con zona infantil, touro mecánico, unha filloeira, xogos tradicionais, e obradoiros de manualidades e tatuaxe.