O CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba contará con xornada única de mañá a partir do vindeiro curso. Era unha proposta que se someteu a votación en varias ocasións pero non chegou a saír adiante.
Precisábase o apoio do 58% do censo. Houbo 281 votos emitidos, dun censo de 339, con 213 votos a favor da xornada “continuada” e 65 votos en contra, 2 votos en branco e 1 voto nulo.
A maioría absoluta necesaria estaba en 197 votos. As familias puideron votar este martes 14 de maio desde as 9 da mañá ata as 20h no centro educativo.


