8.3 C
Santa Comba
sábado, marzo 7, 2026

Doro: ”En Sofán temos un partido clave”

O presidente do Xallas e xogador, Sergio Prego “Doro” asegurou en Radio Xallas, que o partido que disputarán o domingo no Carral fronte ao Sofán B “é un partido clave e un partido case definitivo, se gañamos deixarémolos a 14 puntos”.

Doro destaca o potencial do rival pero asegura que “o noso obxectivo é manter o colchón de puntos” xa que “ter esta posición tan destacada é algo moi bonito”.

Ten confianza en continuar neste camiño ata o fin “sempre que non pase unha hecatombe”, e valora a labor dos adestradores Bruno e Churián:

”É unha dupla increible que está facendo un grandísimo traballo e xunto co compromiso dos xogadores, o resultado está dando os seus froitos”.

O presidente do Xallas FC está “moi contento de como vai indo todo” nas distintas categorías da entidade, aplaudindo a implicación de xogadores, técnicos, familias e afición.

Escoita a Doro en Radio Xallas- desde o minuto 30

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos