10.6 C
Santa Comba
sábado, mayo 18, 2024

“Somos un pobo de artistas”. Un palco de papel e tinta para a verbena da memoria

“Somos un pobo de artistas” (Edicións Xerais). Efectivamente. E por este escenario en papel e tinta construído polo polifacético Xurxo Souto desfilan Los Satélites, Los Tamara, Finita Gay, Los Españoles, Radio Océano, Mercedes Peón, Miro Casabella e a charanga de Cuco de Velle. E moitos máis

Fantástica romaría! Os cantos da tribo que sobreviven ós séculos. E evolucionan desde a raíz.

Reivindicación da conexión poderosa e inseparable entre a poesía e a música. Seguindo o fío condutor do “Método Luísa Villalta”.

Porque as letras de Luisa Villalta están empapadas en música, como os churros que mercaba de pequeno da feira da Ponte do Porto e afogaban no Café de pota de miña nai.

Reflexións e anécdotas

Un libro de homenaxe a moitos artistas galegos. De posta en valor dunha lingua como principal sinal de identidade. De reflexións interesantes. De amena lectura. E tamén de anécdotas.

Como a daqueles muxiáns que contrataron a popular orquesta Mallo, cos seus acordeonistas virtuosos, para as Festas da Barca. Pero antes tocarían no outro lado da ría, nas festas do Carme de Camariñas. Así que en Muxía inventaron unha festa para ter antes os músicos coruñeses.

As lecturas prohibidas de Prudencio Romo, o fenómeno do rock bravú, a xusta lembranza de Pucho Boedo. Os cantos do pobo nas gorxas das mulleres conserveiras. Unha marabillosa caixa de historias que nos ofrece Xurxo Souto, seguindo o “Método Luisa Villalta”.

E ti, non te avergonces, se do peito agroma unha canción. Canta meu amigo, canta , como fixeron os devanceiros e farán os teus descendentes. Porque a música e vida. E a poesía e música. E Galicia semella pequena pero é inmensa.

ESCOITA A ENTREVISTA A XURXO SOUTO A PARTIR DO MINUTO 80

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos