O concello da Baña anuncia un recurso contra a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de desestimar a suspensión cautelar do parque eólico de Vilartoxo promovido por Green Capital Power S.L. nos municipios da Baña e Val do Dubra.
Fontes do goberno local explican que o TSXG rexeita a suspensión cautelar pero continúa analizando contencioso-administrativo que presentou o Concello contra a resolución da Xunta concedendo as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico de Vilartoxo.
Desde o concello da Baña alertou do dano que se lle pode causar os núcleos de poboación próximos e a saúde da veciñanza e do gando.Ademais, incide nas molestas acústicas e no risco de perda de hábitats naturais, sobre todo para as aves.