Nota de AXEGA 112
Un motorista faleceu en Santa Comba logo de colidir a moto que conducía contra un coche
O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia derivou ao punto un helicóptero medicalizado, sen embargo, nada se puido facer por salvarlle a vida.
Sucedeu ao fío das dúas e media deste mediodía. Varios particulares contactaban a esa hora co 112 Galicia para informar dun accidente grave entre en un coche e unha moto na AC-400, quilómetro 59,500, en Mallón, na localidade coruñesa de Santa Comba. Un dos alertadores engadía, ademais, que eran precisos os medios de extinción, posto que a moto estaba comezando a arder.
Nada mais recibir o aviso, os xestores do 112 informaron decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos membros do GES de Brión e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección de Outes.
Así, unha vez no punto, o persoal sanitario confirmou ao 112 o pasamento do motorista. Tamén, os membros do GES de Brión indicaron que a moto, tras ser extinguida polos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil, ardeu na súa totalidade.
Un motorista ferido en Ponteceso
En Ponteceso, na aldea de Fontán, en Tella, tamén, ao fío das catro e media desta tarde, colidían un coche e unha moto. Segundo a información recibida no 112 Galicia polos axentes de Tráfico, o motorista resultou ferido de consideración e foi trasladado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Hospital Clínico Universitario da Coruña (CHUAC).
O 112 Galicia foi informado deste accidente polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, a partir de aí, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, dos Bombeiros de Bergantiños, do GES de Ponteceso e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
NOTICIA ADIANTE GALICIA
Un motorista ha fallecido este sábado como consecuencia de un accidente en la carretera AC-400, en la zona de Catro Ventos en San Cristovo de Mallón.
Según ha confirmado el 112 El accidente se produjo fruto de una colisión entre una moto y un coche.
Intervinieron Urxencias Sanitarias, agentes de la Guardia Civil de Tráfico, y efectivos del GES de Brión y de Protección Civil de Santa Comba.
La víctima es vecina de Carballo y tenía 38 años.
FOTO PORTADA-ARCHIVO