7.1 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Xoán Sande ofrece unha alternativa en A Laracha

O candidato do BNG a alcaldía de A Laracha asegurou que a primeira medida que tomaría se tivera responsabilidade de goberno sería “democratizar o concello e estar a carón da xente e non funcionar dun xeito caciquil”. E tamén decidiría “retirar ás honras ós responsables da represión franquista”, en alusión a existencia de rúas adicadas a Francisco Franco e a Luís Carrero Blanco.

“A Laracha vive nunha situación de estancamento”

En declaracións ao programa “Na Encrucillada” que se emite por Fórmula Fun Bergantiños(91.9FM) e Radio Xallas(107.5FM), Xoán Sande indicou que agarda “mellorar os resultados, ofrecendo unha alternativa de goberno e un traballo serio feito nestes anos na oposición”.

O candidato nacionalista demandou un proxecto económico para un concello que vive “nunha situación de estancamento”. Fixo referencia ao concello de Carballo, gobernado polo BNG, “e se cada concello ten as súas características, Carballo é un exemplo de ilusión e honestidade”, e de municpio ben xestionado.

 

Xoán Sande, que é responsable comarcal do BNG en Bergantiños, afirmou que o obxetivo electoral na bisbarra é acadar a maioría absoluta en Carballo, manter o deputado provincial e mellorar en tódolos concellos.”Imos presentar candidaturas con garantías para poder gobernar en tódolos concellos”.

Sande Muñiz criticou “Na Encrucillada” a xestión do goberno do PP na Deputación porque “están a utilizar a Deputación para apoiar ós concellos onde gobernan e para colocar a súa xente” cando deberían dinamizar sobre todo os concellos pequenos e medianos.

“As Deputacións non teñen sentido pero mentres existan teñen que facer algo polos concellos” apuntou o candidato larachés.

Escoita a Xoán Sande «Na Encrucillada». Desde o minuto 14 do audio

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos