Sufre un ictus e cáelle enriba un santo en Carballo

Un sancristán de Carballo resultou ferido ao caerlle enriba a imaxe dun santo, segundo informou AXEGA 112.

— FOTO DE ARQUIVO –

Segundo La Voz de Galicia o sancristán da Igrexa San Xoán Bautista sufriu un ictus e encontrase en estado crítico.

E esta é a información difundida por AXEGA 112


O 112 Galicia foi informado do suceso mediante o aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, relatando que ao sancristán da igrexa situada na Rúa Martín Herrera, en Carballo, caéralle unha imaxe dun santo enriba.

A información chegou ao 112 Galicia ás 13:30 horas e, axiña, informou do sucedido aos membros de Protección Civil e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, os cales unha vez rematou a intervención, informaron de que o home puido sufrir unha indisposición e ao tentar apoiarse, arrimouse á imaxe do santo que lle caeu enriba.

Con todo, o persoal sanitario desprazou a aeronave medicalizada con base en Santiago de Compostela ata o punto.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos