10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

«O concello debe de estar ó servizo dos veciños»

Santiago Corzón pensa que Compromiso por Galicia é a alternativa a un goberno do PP e a unha oposición que en Mazaricos non demostrou ter interese polos veciños.

É un das novidades electorais na comarca do Xallas. A formación que lidera Xoán Bascuas ten a súa agrupación no concello de Mazaricos.O seu candidato, Santiago Corzón, explicou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas (107.5 FM) e Fórmula Fun Bergantiños(91.9FM) os detalles desta candidatura.

“Quixemos facer un frente común coa oposición”

Segundo Corzón primeiro houbo un intento infructuoso de unir as forzas da oposición: “Quixemos facer un frente común cos grupos da oposición pero as pretensións non eran as mesmas”. Ante esta situación decidiron “tirar para adiante” sen deixar de criticar o panorama político existente en Mazaricos: “O PP e os demáis grupos non teñen interese polo concello ou teñen intereses distintos ós dos veciños”.

O candidato de Compromiso por Galicia, elixido entre o grupo que impulsou esta alternativa política, pensa que hai que cambiar moitas cousas neste municipio:“Preocúpanos a corrupción, somos o concello con máis imputados, o tecido industrial está abandonado e os servizos municipais son inexistentes”.

Santiago Corzón é optimista nas posibilidades electorais:“Aspiramos a gobernar en maioría”. Pero tamén nas posibilidades do concello:”O noso concello ten os recursos necesarios para estar mellor do que está”.

O candidato galeguista ten claro que “o concello debe de estar ao servizo dos veciños e non de intereses particulares” e lamentou que no concello “non se contratan empresas do concello a pesares que temos xente cualificada”

Escoita a entrevista con Santiago Corzón,a partires do minuto 37 do audio. Escoita «Na Encrucillada» ca adía desde as 12,00 en Radio Xallas 107.5 FM e Fórmula Fun Bergantiños 91.9 FM con Xosé Manuel Lema.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos