Chega unha nova edición das Feiras do Abril no concello de Val do Dubra. O programa de actividades foi presentado nun acto que contou coa presenza do deputado provincial Antonio Leira, do alcalde Diego Luis Díaz, do tenente de alcalde, Antonio Negreira e da concelleira Carmen Vilacoba.
Unha das grandes novidades é a ubicación. Co obxectivo de dinamizar o centro do pobo optouse por desenvolver as actividades nos aparcadoiros da rúa San Lourenzo, coa instalación dunha carpa. Alí estará o Mercado de Artesanía.
Declaracións
O deputado Antonio Leira felicitou ó concello de Val do Dubra e destacou o apoio da Deputación.
O alcalde Diego Luis Díaz convida a todos os veciños e traslada o seu agradecemento “a todos os que fan posible que un evento coma este sexa posible, mención especial neste ano á Deputación por colaborar co Concello para achegar un mercado de artesanía e comercio local. Agardo que a veciñanza desfrute destes tres días de festa e sexa todo un éxito para os nosos comerciantes e hostaleiros locais”.
O tenente alcalde Antonio Negreira lembrou tamén a importancia da cita ao sinalar que “é un estupendo escaparate para realizar transaccións económica á vez que, pola súa tradición e historia, se converte cada ano nun referente social e de reencontro para miles de persoas de toda a comarca que comparten vivenzas, valores e cultura”.
Programa Feiras do Abril 2024
Sábado 30 de marzo – Aparcadoiro San Lourenzo 12.00 h. –
12:00 –Inauguración das Feiras do Abril
- Actuación de Regueifa
-Xogos Tradicionais - Exposición de maquinaria agrícola
18.30 h. – Monólogo Pepo Suevos
23.00 h. – Orquestra Metrópolis e Discomóbil CDC
Domingo 31 de marzo – Aparcadoiro de San Lourenzo . –
11.00 h Exposición de gando
Exposición maquinaria agrícola
Xogos tradicionais
13.00 h. – Vermú con Alborada
17.30 h. – Actividades de dinamización para todos os públicos
Luns 1 de abril – Campo da Feira
Festa da Empanada
Celebración do programa Hoy por Hoy da Cadena Ser desde a Feira
Mercadillo de primeiro de mes
Polbeira e música do Dúo Matices