A Xunta de Galicia anunciou que a partir do vindeiro luns, 26 de setembro seis novas liñas de autobús estarán operativas para o alumnado do CPI San Vicente, en substitución das actuais.
Segundo unha información trasladada desde o concello da Baña, a Xunta de Galicia subliña que “os axustes aprobados recollen as propostas acordadas coa dirección do centro e coas familias”.
Por outro lado, lembra que a reorganización das rutas repercute tamén no transporte regular de viaxeiros e se manterá a conexión da veciñanza co núcleo urbano de San Vicenzo durante todo o ano.
“Agardábamos que as novas rutas comezaran co curso e non foi así. Confiamos en que agora si empecen por fin a funcionar con normalidade dende o luns porque se trata dun servizo esencial” declarou o alcalde bañés, José Andrés García Cardeso(PP).