Esta fin de semana, o recinto feiral de Santa Comba acolle unha nova edición da XIII Feira da Primavera, que organiza a asociación de empresarios.
Desde as 17,00 deste venres (inauguración) e ata o domingo ás 20,30, multitude de produtos nos stands e diferentes actividades para dinamizar o evento.
Ao longo de toda a fin de semana haberá inchables no recuncho infantil, e tamén degustacións de pan e carne no stand de Mazaricos (sábado e domingo ás 14,00) e de produtos xalleiros no stand do concello de Santa Comba.
O sábado (17,00) actuará a Peña de acordeóns das clases Alborada de Santa Comba e o domingo do grupo de pandereteiras As Loitadoras de Santa Comba (17,00). Tamén haberá un xogo de muxido no stand de Mazaricos.
Horarios de apertura da XIII Feira da Primavera
Venres 22 de marzo- de 17,00 a 21,00h.
Sábado 23 de marzo- de 10:00 a 21:00h
Domingo 24 de marzo- de 10:00 a 20:30h