7.2 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Verbenas doutros tempos

Xosé Manuel Lema @xmlema —

 
Eran outros tempos. Pero teño a imaxe gravada desde pequeno sen saber moi ben porqué. Cantaba Jorge Velo coa orquestra Finisterre nas festas de Santiago de Cereixo(Vimianzo), co seu peculiar estilo e profesionalidade, enriba dun daqueles palcos metálicos de finais dos anos oitenta.

 
E nós alí abaixo agardando que o “animador” anunciara unha canción lenta para bailar un “apretado”. Sempre mirando o reloxo para non despistarnos e chegar puntuais a casa. Nun dos momentos estelares da noite, Jorge da o sinal e chíscanos un ollo. Sabíamos que era o noso momento. O do baile, entre as pedras do campo da festa e os nervios a flor de pel.

 
Era un privilexio ver a un dos grandes vocalistas galegos rirse e saudarnos. Era cómplice das nosas falcatruadas infantís. Pero Jorge Velo o da gran Orquestra Finisterre era veciño. Si, un membro daquelas orquestras que saían en carteis inmensos que inundaban as paredes dos bares.

 
Porque as grandes orquestras e conxuntos galegos non se inventaron fai unha década. Hai unha historia longa e potente detrás. É certo que as novas coreografías e os novos espectáculos lograron que a xuventude volvera ós campos da festa, que se encheran as prazas e asistíramos a un feliz rexurdimento.

Orquesta Compostela 1993

 
Non fai moito, nunha das nosas tertulias dominicais lembrábame o músico e amigo Cándido Canosa, todo o que cambiou e verbena galega en escenarios, son, luces, ou na propia montaxe. Fai décadas “pensábamos que as festas acabarían desaparecendo porque a xente nova marchaba para os pubs” xa mo dixera o amigo Cándido nunha entrevista radiofónica, onde nos achegaba unha imaxe impensable no día de hoxe:”Antes os músicos compartíamos o volante e tocábamos en palcos de cemento e de andamios. Agora hai máis espectáculo e houbo unha evolución impresionante”.Similar opinión a do veterano artista xalleiro Perfecto Pereira:“Antes a orquestra era a túa familia. Hoxe é distinto. Son empresas”.

Maythe Leiva-Panorama

É certo.Hoxe a posta en escena de El Combo Dominicano, París de Noia, Olympus ou Panorama non ten nada que envexar as grandes estrelas que percorren o estado. Houbo un cambio tremendo. Dos tempos do casete ao MP3. Das postais das orquestras aos selfies.

 
Pero a historia está aí e nunca está de máis homenaxear a tantas persoas que con moitas dificultades, noites de insomnio e esforzo, encheron de ledicia e boa música a vida dos nosos pobos. Vai por eles. Polos protagonistas das verbenas doutros tempos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos