9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Sande declarou no xulgado “que nunca houbo intención de ofender” co cartel do Entroido

O concelleiro de Culturas da Coruña declarou hoxe no xulgado número 3 da Coruña, investigado polo presunto delito contra os sentimentos relixiosos polo cartel do Entroido .

O concelleiro de Culturas da Coruña, Xosé Manuel Sande declarou hoxe no xulgado número 3 da Coruña no marco da investigación na que se lle acusa dun presunto delito contra os sentimentos relixiosos por utilizar unha caricatura coa figura do Papa para promocionar o Entroido. O edil, que recibiu moitas mostras de apoio polas redes sociais, acudiu aos xulgados acompañado do alcalde da Coruña Xulio Ferreiro e dos concelleiros de Marea Atlántica e estivo tamén arroupado polos deputados de En Marea Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino e por varias comparsas do Entroido coruñés.

Tras a súa declaración Xosé Manuel Sande manifestou aos medios que dixera á xuiza que “neste cartel non houbo ningún ánimo de ofensa” e que foi el mesmo quen deu o visto e prace ás imaxes dos carteis do Entroido 2017. Engadiu Sande que o cartel inxírese no contexto da “irreverencia que ten, tradicionalmente, a festa do Entroido”.

O titular de Culturas abondou afirmando que “este goberno local non ten ningún tipo de espírito anticlerical ou de ofensa” e que o executivo “ sempre foi respectuoso coas distintas crenzas” para rematar cualificando o proceso xudicial coma “anecdótico”.

Non hai desculpas

Ó fío das súas manifestacións logo da declaración pola denuncia polo devandito cartel, Sande, que en ningún momento pediu disculpas por se houbera podido ofender a algún veciño polo cartel, aproveitou para facer loas da liberdade de expresión e da liberdade artística, sinalando “a ameaza” sobre “certas liberdades” que está a haber e apelou  á mobilización polas liberdades recalcando que “ é necesario mobilizarse polas liberdades”. 

Na mesma liña o concelleiro de Culturas sinalou que a citación xudicial non cambia a súa actitude e que “este goberno vai seguir facendo contratacións artísticas” e “os carteis seguirán sendo de autor”.

Finalmente Sande insistiu na liberdade artística que dera o goberno da Marea Atlántica ao artista encargado da elaboración e deseño dos carteis do Entroido, Alberto Guitián, e  agradeceu aos que acudiron aos xulgados para mostrarlle o seu apoio dicindo que  “o compromiso e a implicación de todas as persoas témolo aquí”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos