Pasados os días de celebración polo título ligueiro, o capitán e xogador da S.D. Castriz, Adrián García, falou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.
Foi o protagonista do encontro contra o Volantes de Baño, cando se puido cantar o “alirón”, e unha peza indispensable nos esquemas de Miguel Chouza.
“Temos boa plantilla, adestramos ben e saíron as cousas. Esa é a clave. E este ano tamén tivemos banquillo” sinalou o futbolista de Cuns.
«Non é fácil gañar unha Liga da Costa»
Está feliz: “Non é fácil gañar unha Liga da Costa. O que fixemos ten o seu mérito”.
Sobre os dous goles da “xornada fantástica” opina que non meditou sobre a pena máxima: “Antes pensaba para onde lanzar o penalti e agora xa vou decidido”.
E sobre o segundo tanto: “Non o pensei. Tirei, entrou e foi emocionante.Había máis oportunidades pero estaba todo preparado para a festa e parecía que se ía escapar o partido”.
FOTOS- LEMA