A Cooperativa Xallas acolle este vindeiro venres 15 de marzo, desde as 12,00, unha charla informativa sobre o “Cártel do Leite”.
Desde a firma Eskariam informarán sobre o estado das reclamacións pero tamén sobre os pasos a seguir e asesorarán sobre os prazos das persoas que non se sumaron ás denuncias.
Recentemente unha sentenza da Audiencia Nacional confirmaba a existencia destas prácticas ilegais e condenada a varias industrias.

