Arde un galpón en Coristanco


Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo informa AXEGA 112 o inmoble ardeu enteiro, ao igual que un vehículo e un depósito de gasóleo que había no seu interior.

Antes das 00:45 horas desta madrugada, unha persoa chamou ao 112 Galicia alertando de que o seu galpón estaba ardendo, co perigo de estar xusto pegado á súa casa, pertencente á parroquia de Cereo. Desde a Sala de Operacións do 112 pasouse o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Bergantiños, Garda Civil da Coruña, GES de Ponteceso e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Xa unha vez alí, os bombeiros realizaron varias tarefas de extinción para acabar co lume.

Despois de varias horas, os efectivos do parque comarcal confirmaron que o incendio xa fora sufocado, aínda que non puideron evitar que o galpón e o seu interior fosen calcinados.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos