4.7 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Malpica acolleu un acto sobre a Lei Litoral

O Partido Popular reivindicou a Lei do Litoral cun acto celebrado este sábado no peirao de Malpica e que contou coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, e do presidente provincial do PP, Diego Calvo.

Tamén estiveron presentes deputados como Ethel Vázquez, Gonzalo Trenor o Rubén Lorenzo, alcaldes de distintos municipios da a provincia e portavoces do PP na Costa da Morte.

“Unha norma plenamente constitucional”

Nese acto, simultáneo a outros celebrados en Cambados e Viveiro procedeuse á lectura dun manifesto sobre a Lei do Litoral que fai referencia a sentenza recente do Tribunal Constitucional.

“A sentenza do Alto Tribunal avala que a norma galega é plenamente constitucional, fronte a todos os que a definiron como unha auténtica declaración de independencia. Deixa claro que non é necesario reformar o noso Estatuto e pon de manifesto a pouca altura de miras da oposición galega, BNG e PSOE, que deixaron pasar a oportunidade de apoiar unha norma vital para Galicia e para o seu desenvolvemento, só por buscar rédito político”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos