Máis se 1.100 persoas participaron no Xantar dos Maiores de Vimianzo, que se desenvolveu no pavillón municipal.
Asistiu o Xerente do Consorcio Galego de de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, que ratificou o compromiso da Xunta coas persoas maiores para que sigan tendo un papel activo na sociedade, unha vida activa e servizos de proximidade para que poidan decidir libremente onde e como vivir esta etapa das súas vidas.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradeceu a todas as persoas “por acompañarnos e por ser unha parte activa e fundamental para que Vimianzo continúe funcionando” e ao departamento de servizos sociais e ás persoas voluntarias polo seu traballo, que é “fundamental e imprescindible para seguir construíndo unha sociedade mellor, na que se garanta o benestar dos nosos maiores”.
A Deputación estivo representada pola deputada de Política Social, Mar García Vidal. Tamén estivo presente a Subdelegada do goberno en Galicia, María Rivas, que subliñou “a achega dos nosos maiores á construción do actual estado de benestar”.
Non faltaron os deputados socialistas Patricia Iglesias e Julio Abalde, así como concelleiros de PSOE, BNG e PP na corporación local.
No Xantar dos Maiores houbo unha misa cantada, e unha actuación da Coral municipal e do Trío Karma.