4.8 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

A consellería de Sanidade ordena a retirada dos produtos da empresa láctea Casa Macán

A Consellería de Sanidade informou  á Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) dunha serie de incumprimentos graves detectados nun control oficial realizado na empresa Lácteos Casa Macán S.L., o que non permite garantir a seguridade dos produtos alí elaborados.

Como consecuencia desta actuación, os servizos veterinarios de Saúde Pública da zona veterinaria de Lugo da Consellería de Sanidade suspenderon cautelarmente todas as actividades da industria e interviron todos os produtos existentes na empresa láctea, ademais de ordenar a retirada das canles de distribución de todos os produtos comercializados. 

Están afectados por esta alerta todos os lotes dos distintos produtos de Casa Macán como manteiga cocida de vaca, queixo D.O. Arzúa Ulloa, queixo D.O, Tetilla, queixo D.O, Arzúa Ulloa curado, queixo barra Costeño e queixo galego en rebanadas.

Recoméndase ás persoas que teñan estes produtos que non os consuman e os devolvan ao punto de compra.

Segundo a información dispoñible ata o de agora, estes lácteos foron distribuídos en Galicia, Cataluña e Castela-A Mancha. 

Fonte- Nota de prensa Xunta de Galicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos