Un 8 de abril de 2022 Santa Comba perdía un dos seus persoeiros máis ilustres. Exitoso empresario que levaba o nome de Sabaceda, Bazar e Santa Comba con orgullo por todo o mundo. José Ramón Cancela Blanco faleceu con 43 anos de idade.
“É como se estivera aquí. Botámolo en falta todos os días. Aínda non superamos o golpe” comenta Francisco Blanco “Paco”, tío e socio de Ramón en Maquisaba.
En Radio Xallas falou sobre o finado emprendedor xalleiro. A Paco gustáballe o mundo do tren e andaba por Sevilla traballando. Aí cambiou a historia.
Entrevista desde o minuto 19
“En vez de ir a Expo xa viña seguido para as vías do tren. Eu xa vin que José Ramón era un díamante en bruto. Moi traballador, cun don de xentes impresionante, un gran comunicador e un moi bo negociador, con ideas innovadoras”.
Así acabou nacendo Maquisaba, unha empresa referente a día de hoxe:
“Non lle daba medo nada, é unha persoa insubstituíble, unha peza clave, alguén dora do normal, que como dí moita xente, ia a dar moito de si no mundo fo ferrocarril en España” sinalou.
Paco Blanco asegura que é fundamental “ter paixón e cariño polo traballo” como tiña o seu sobriño e aínda ten el. E con “esforzo” é posible saír adiante.
Hoxe en Radio Xallas escoitouse a voz gravada de Ramón, xunto coa entrevista a Paco, e a ben seguro que desde arriba estaría sorrindo e mirando para aquel estudio de radio que el visitou seis meses antes de emprender a nova viaxe.