Accidente en Esmorode, na parroquia de Alón, en Santa Comba, con tres vehículos implicados e dúas persoas que tiveron que ser excarceradas.
Segundo informan desde o Consorcio, os bombeiros do parque comarcal de Santa Comba comprobaron que o accidente na AC-4OO (punto quilométrico 57) implicaba a tres vehículos; unha furgoneta cuxo condutor estaba ileso; un segundo vehículo cunha ocupante no seu interior con colar cervical; e un terceiro cun afectado no asento do copiloto cun traumatismo na cabeza e que tamén tiña un colar cervical.
Os bombeiros procederon a liberar a dúas persoas que estaban atrapadas. No operativo tamén participou a Policía Local de Santa Comba, a Garda Civil de Tráfico de Corcubión, o 061 e o Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba.