12 C
Santa Comba
viernes, enero 24, 2025

Unha saída de vía deixa unha persoa ferida en Fisterra

Unha saída de vía deixa unha persoa ferida na AC-445, ao seu paso polo concello de Fisterra


Os bombeiros do Parque Comarcal de Cee foron alertados na tarde de onte, domingo 7 de abril, dunha saída de vía producida na estrada AC-445, ao seu paso polo concello de Fisterra.


A incidencia ocorreu á saída da rotonda que da acceso á parroquia de Sardiñeiro. Unha vez que os bombeiros chegaron ao lugar, o condutor do vehículo, único ocupante do mesmo, atopábase desorientado e precisou asistencia do 061 antes de ser trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.


O operativo estivo integrado pola Garda Civil de Tráfico da Coruña, o 061 de Cee e voluntarios de Protección Civil de Fisterra.

Información Consorcio Provincial

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos