11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

O PP presentase en tódolos concellos de Galicia

O coordinador de campaña do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda confirmou hoxe que que as papeletas da formación da gaivota estarán presentes nos concellos de Galicia, tal é como era o obxectivo.Rueda Valenzuela destacou este feito fronte as dificultades que segundo él teñen as outras formacións.

Renovación dun 55 por cento onde se está na oposición

O candidato tipo do PPdeG é varón, está preto dos 50 anos de idade, é profesional liberal ou por conta propia, e é licenciado ou diplomado. Un 16% de mulleres encabezan candidaturas populares. De 2011 a 2015 pasaron de 37 a 45.

Un de cada catro candidatos populares é novo. A cifra elévase ao 55 por cento nos concellos onde non goberna o Partido Popular. Cambian de candidato en tres das catro cidades onde non gobernan, Vigo, Ourense e Pontevedra. 

“Non hai fórmulas máxicas” para a campaña electoral

Alfonso Rueda destacou o caso do candidato de Lugo, Jaime Castiñeira, que repite despois de ganar as eleccións de 2011 e “e ser o candidato que obtivo a porcentaxe de voto máis elevada de tódolos candidatos nas sete cidades galegas” e que pese a esa circunstancia non se converteu en alcalde.

O coordinador de campaña e secretario xeral do PPdeG anunciou que o modelo de campaña será debatido no vindeiro comité de dirección dos populares ainda que avanzou que “non hai fórmula máxicas” e os populares basearán a súa actividade en explicar o que fixeron estes catro anos e o que pretenden facer nos seguintes.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos