12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Juan Blanco:»En Mazaricos hai presenza, orgullo do noso e perspectiva de futuro»

Primeira parte da entrevista co alcalde de Mazaricos, Juan Blanco.Por Xosé Manuel Lema.

Juan Blanco está satisfeito co traballo desenvolvido desde que chegou a alcaldía de Mazaricos, aínda que non oculta o cansanzo que provoca unha implicación total a un concello. Asegura que cumpriu os puntos básicos do seu programa, pero é ambicioso e quere afrontar outros problemas relevantes que existen. Está contento coa axuda da Deputación pero non co papel da Xunta e nomeadamente co apoio “nulo” da consellería do Medio Rural.

P-Que balance fas deste tempo de máis de dous anos na alcaldía?

R-O balance é moi positivo.Levamos máis de dous anos de traballo moi intenso nos que houbo un cambio de dinámica e de traballo dos últimos vinte anos ó de agora. 

P-Cal é a folla de ruta, que obxectivos temos para o que resta de mandato?

R-No noso programa ían dez puntos claves iniciais e ese puntos foron cumpridos.Pero temos varios problemas como o do abastecemento de auga ao que temos que dar unha solución.

Tamén estamos nun problema conflitivo co sector gandeiro. Estivemos cos veciños coas tractoradas pero vemos que non houbo un cambio de política e o que máis nos pode afectar é que vaian a menos os nosos gandeiros. Aparte da xestión que poidamos facer aquí o futuro depende moito deles.

PÉ evidente que existe unha forte dependencia do sector gandeiro e aínda existen problemas de base.

R-Segue habendo os mesmos problemas estruturais que había. Os gandeiros seguen estando secuestrados polas industrias lácteas e os prezos esablécenno elas, e son máis baixos aquí que fora da nosa comunidade autónoma. 

A Consellería do Medio Rural debería meter man canto antes porque isto é un problema a medio prazo.Temos 400 explotacións pero calculamos que a este ritmo en dez anos seremos a metade.

Así vai a ser difícil manter a nosa estrutura administrativa. Temos 1.100 quilómetros de camiños que requiren un mantemento.E poboación cada vez mais envellecida.

P-Fai un ano vostede nunha entrevista a este medio agradecía o apoio da Deputación pero lamentaba a falta de axuda da Xunta

R-A Deputación está colaborando moitísimo coa ampliación dos Plans de Obras que podemos xestionar nós de forma directa. De parte da consellería do Medio Rural a verdade e que non é moi boa. Os plans de camiños este ano viñeron reducidos. A pequena subvención de 90.000 euros que había para camiños rurais este ano quedouse en 30.000 euros. O compromiso co rural é mínimo por non dicir nulo.

Temos un problema co saneamento. Nos últimos vinte anos houbo unha política de colocar saneamentos sen ningún control e hoxe temos unha problemática con Augas de Galicia que repercute en continuas multas.

Nós non dispoñemos de capital líquido para reparar esas depuradoras de forma instantánea.E por parte da Xunta a colaboración e mínima.

PXa na campaña Juan Blanco facía moi fincapé na necesidade de promocionar o concello non só con vocación turística senón tamén para recuperar o orgullo propio. É máis coñecido Mazaricos?

R-Mazaricos está presente nos medios. Aparece no mapa.Deixamos de ser un concello descoñecido para ser un referente na gandería e no turismo. Este esforzo na promoción repercutiu.

Nos catro anos de goberno vanse abrir 14 establecemento novos relacionados co turismo. Isto implica fixar poboación. Apareceron moitas entidades sen ánimo de lucro que se quixeron vincular ao traballo propio do concello como Gandeiros, Eu Son Mazaricos, etc…
Hai presenza, orgullo do noso e perspectiva de futuro. Hai que darlle continuidade.

P-Como está sendo a túa experiencia persoal como alcalde?

R-Foi unha experiencia dura e nivel persoal, familiar e empresarial.Foi moito sacrificio e moitas horas, porque eu involúcrome moito nos proxectos. Nos dous últimos anos tiven cinco días de vacacións.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos