11.6 C
Santa Comba
viernes, mayo 3, 2024

Un accidente entre un tractor e un turismo deixa un ferido en Mazaricos

Unha persoa resultou ferida despois de colidir un turismo e un tractor na localidade coruñesa de Mazaricos. O accidente ocorreu onte, sobre as 21:30 horas. Foi a esa hora cando un particular informaba ao 112 Galicia dun coche encaixado nun tractor, na estrada que enlaza A Pereira e Pino de Val, xustamente, entre as localidades de Mazaricos e Santa Comba.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE) puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias. Así mesmo, alertou á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Xallas e aos efectivos de Protección Civil de Mazaricos e Santa Comba.

Unha vez no punto, persoal sanitario confirmou a evacuación do ferido a un centro hospitalario de Santiago de Compostela.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos