11 C
Santa Comba
domingo, abril 28, 2024

Aparece o corpo sen vida dunha muller na praia de Santa Mariña, en Niñóns

O corpo da falecida foi localizado na area, fóra da auga, na praia de Santa Mariña, na parroquia de Niñóns, en Ponteceso.

Pasados dez minutos das 18 horas da tarde, un particular contactou co 112 Galicia informando de que atopara unha muller falecida no areal.

De contado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, deron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Bergantiños, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Ponteceso.

Cando os servizos de emerxencia chegaron ao punto, só puideron confirmar o seu pasamento.

As forzas da orde seguen traballando para esclarecer as circunstancias do suceso.

INFORMACIÓN AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos