Parque Eólico A Picota S.L.U., con domicilio en Madrid, proxecta construir un parque eólico de dez aeroxeradores e uns 42 megavatios de potencia, no concello de Mazaricos.
O Diario Oficial de Galicia publica este mércores o anuncio polo que se somete a información publica a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico.