Este martes asinouse en Dumbría o contrato con ASPADEX para a prestación do servizo de atención temperá nos concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.Asinaron o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, e Evaristo Lema Antelo, presidente de ASPADEX.
Desde a posta en marcha do SAT Costa da Morte, lévanse atendido desde os seus centros en Vimianzo e Dumbría, un total de 110 nenos e nenas destes concellos, dos cales xa recibiron a alta no servizo trinta e sete.
O SAT está atendido por integrado por unha terapeuta ocupacional e psicomotricista, unha logopeda e unha psicóloga e traballa en coordinación cos Servizos Sociais dos Concellos, cos servizos sanitarios e cos centros escolares.
Atende a poboación infantil de 0 a 6 anos, a súa familia e o seu contorno, co obxectivo de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento, ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.
Nota de prensa remitida