12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Falece ao sufrir unha posible indisposición mentres conducía un coche e bater cunha columna en Santiago

Info-AXEGA 112

Un home perdeu a vida esta tarde en Santiago de Compostela ao sufrir unha posible indisposición mentres circulaba nun turismo que rematou batendo contra unha columna na Rúa do Monte dos Postes.

Os feitos ocorreron uns minutos despois das cinco e media. Foi, nese momento, cando os axentes da Garda Civil de Tráfico alertaron do sinistro ao 112 Galicia.Decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, dos Bombeiros de Santiago e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

Xa no lugar do accidente, os servizos sanitarios, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida ao condutor e único ocupante do coche accidentado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos