Info-AXEGA 112
Os Bombeiros de Carballo interviñeron esta tarde para liberar a un menor que se cravou nun pé unha punta que estaba cravada nunha táboa.Sucedeu no lugar de Vilar de Cidre, en Carballo, uns minutos antes das catro.
O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Carballo, da Policía Local, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Garda Civil.
Segundo os datos aportados polos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Carballo, unha vez liberado, o menor foi trasladado polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.