14.6 C
Santa Comba
lunes, septiembre 30, 2024

Belén do Campo entrega pértegas en Mazaricos e Malpica

A directora Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo visitou hoxe os concellos de Mazaricos e Malpica onde repartiu pértegas para loitar contra á Vespa velutina.

No concello de Mazaricos, entregoulle estes utensilios aos alcaldes de Mazaricos, Juan Blanco, Carnota, Ramón Noceda, e Fisterra, José Marcote. No concello de Malpica citouse cos rexedores de Malpica, Eduardo Parga, e Laxe, José Manuel Mouzo.

Segundo explicaron desde o concello de Mazaricos nunha nota de prensa «o aparello consiste nun brazo extensor que chega aos 26 metros e que leva na punta unha especie de lanza que se crava no avespeiro e logo procede a bombearse un insecticida que sae da superficie perforada da lanza cara o interior da vivenda. Unha vez que as avespas morren, procede a cambiarse a lanza por unha paleta para raspar o niño da súa ubicación».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos