A S.D. Castriz concluíu a tempada gañando a Liga da Costa varia xornadas antes de completarse o calendario. No último partido derrotaban en San Pedro ao Porteño e recibían a Copa da Costa de mans da representante federativa, Silvia Cancela e do alcalde, Alberto Romar.
Noly e Adrián García, por partida dobre, xunto a Alberto Mata e outro tanto propia porta completaban a tempada do conxunto xalleiro.Disputaron 30 partidos e as cifras son sorprendentes: 26 vitorias, 2 empates e 2 derrotas, con 93 goles a favor e 27 en contra.
Valoración de Miguel Chouza
O adestrador da S.D. Castriz, Miguel Chouza, valorou a campaña en Radio Xallas como “moi, moi positiva”.
E achegaba uns datos: ”Foi a mellor de tempada da historia do Castriz e das mellores da Liga da Costa”. Chouza considera que “demos na clave coas incorporacións que fixéronnos moito ben, complementaron o que había no equipo e deron experiencia e afán de ascender”.
A pesar da ampla diferencia con respecto os perseguidores o adestrador sinalou que “cada victoria foi moi traballada” destacando “o espectacular rendemento do equipo a tódolos níveis”.
Se hai que buscar algo negativo, sen dúbida a eliminación da Copa da Costa:”Gustaríanos conseguir o dobrete pero a eliminación tamén nos serviu para reconectar coa Liga”.
Esta é a plantilla desta exitosa tempada:
Coke, David Gerpe, Brais González, Elvis,Fabián,Jairo, Marcos Mouro, Samuel Rodo, Saúl, Adrián García, Anxo, Iván Facal, Martín Cambón, Mata,Fran Calvo, Samuel Castro, Toño, Alvarito, Braulio, Darío, Iván Pastoriza, Noly, Sebas. O segundo adestrador é Diego García «Chiki».