9.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Nova centenaria en Santa Comba

Josefa Amarelle Nieto únese ao clube das persoas centenarias de Santa Comba. «Pepa da Braña»,veciña de Salgueiroas, parroquia de Ser, cumpría anos este martes 26 de xaneiro.

Foi visitada polo alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo, que lle entregou un ramo de flores e unha tarta. » Ten unha saúde moi boa, pese á súa idade. Salvo que a súa movilidade non é moi boa xa, polo resto vai moi ben. E ten moi boa memoria» comentaba unha neta de Josefa, que demostraba que era certo, porque mesmo se lembraba de terlle mercado algún becerro ó pai do actual rexedor xalleiro.

Xa ten 100 anos, pero será o domingo cando o celebre por todo o alto na compaña dos seus familiares. Parabens Pepa!

Se tes algo que contarnos, non o dubides aquí estamos 627217963 contacto@adiantegalicia.es

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos