13 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Antón Sánchez:»AGE está superada para mellor por En Marea»

Defende ampliar a confluencia da “esquerda rupturista” e pídelle ao PSOE que abandone o seu estado de “indefinición e contradicción”.

“Eu nunca cuestionaría o camiño da confluencia”

O co-voceiro da Alternativa Galega de Esquerda, Antón Sánchez García defende os pasos que se están dando na esquerda rupturista para “disputarlle a hexemonía ó Partido Popular” e pensa que “AGE xa está superada para mellor por En Marea”, aínda que se amosou partidario de  desenvolver “unha política máis participativa e mellorar as estruturas partidarias”.

Nos micrófonos da Radio Galega, o dirixente de Anova, afirmou estar “máis preocupado en sumar que en cambiar de compañeiros”, e valorou o feito que un dos membros da coalición En Marea en Galicia, Podemos “recoñece o dereito a autodeterminación e a plurinacionalidade”. Non quixo afondar nas reflexións de Breogán Riobóo  pero comentou que “eu nunca cuestionaría o camiño da confluencia”.

Pídelle ó PSOE que abandone o camiño da indefinición

Con respecto ós representantes de En Marea no congreso, Antón Sánchez sinalou que “temos o reto politico de visibilizarnos no Congreso e podémolo conseguir co grupo confederal”. Para Sánchez hai algo que debe estar moi claro:”O verdadeiro protagonismo está nas persoas e hai que  dar unha resposta política a unha demanda social que existe”.

Tamén tivo unha mensaxe para o Partido Socialista, ó que lle dí que “non pode seguir no camiño da indefinición ou da contradicción”. Lamentou que  nalgunhas ocasións “as cúpulas do PSOE non son coherentes cos seus militantes e votantes” porque a súa base social “vota con conciencia de esquerdas e de cambio”.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos