Actuación estelar de Lucía Pérez que comparte cartel con Fania Blanco Show, Costa Oeste, trío Alborada, etc..
Fania Blanco Show
A escritora e colaboradora de Adiante Galicia e Anosacosta, Natalia Lema Otero será a pregoeira das festas patronais da parroquia de Baíñas que se celebrarán os vindeiros 1,2 e 3 de setembro.
O festexos comezarán o venres 1 de setembro cunha misa solemne as 13,00h, a actuación dun grupo de gaitas e unha sesión vermú co trío Alborada. As 7 do serán terá lugar a lectura do pregón a cargo da nosa compañeira Natalia Lema Otero e pola noite unha verbena con Fania Blanco Show e a discoteca móbil CDC.
Verbena coa eurovisiva Lucía Pérez e con Costa Oeste
O sábado 2 de setembro é o día do patrón, San Antolín. Misa as 13,00h, sesión vermú cun dúo musical e pola noite unha verbena con Costa Oeste e a actuación de Lucía Pérez. Haberá tamén unha sesión de lumes artificiais.
Para rematar o 3 de setembro, na honra da Virxe do Carme, haberá unha misa(13,00h), actuación dos Airiños do Río Grande e sesión vermú cun dúo musical. A partir das 17:00h haberá xogos inchables na praza do pobo.O campo da festa estará cuberto por unha carpa.
O 30,31 de agosto e 1 de setembro celébrase a Ruta das Tapas baiñanas.