7.9 C
Santa Comba
martes, diciembre 5, 2023

Fisterra aproba o seu orzamento este martes

Este martes as 20,00h pleno extraordinario no concello de Fisterra.

O alcalde de Fisterra, José Marcote(PSOE), convocou unha sesión plenaria para este martes(20,00h) na que se aprobará o orzamento para o presente ano, que ascende a 3.487.797 euros.O último pleno celebrouse recentemente e no mesmo rexeitouse unha moción do PP sobre a peonalización e aprobouse unha proposta de PSOE e BNG sobre as axudas da Xunta de Galicia.

Investimentos

Entre as partidas de gastos  destacan a  de 576.682 euros para distintos investimentos reais como a subministracion LED (33.976 euros),saneamento Vilar (120.052),ampliación camiños Mallas, Padrís,(52.036),área recreativa de Ermedesuxo (45.000),ampliación de camiños (18.568)

urbanización camiño da Insua segunda fase(58.779), urbanización camiño da Insua e Laranxos(115.049),urbanización da rúa Atalaia (83.038) e 
outras inversións (50.184 euros).

 

Débeda bancaria, órganos do goberno e outros gastos

Tamén se destinan 124.508 para a amortización de débeda bancaria( O concello recorreu ao Plan de Aforro da Deputación). Con respecto aos órganos de goberno destínanse, se contar a seguridade social, uns 70.077 euros para as dedicacións exclusivas do alcalde José Marcote e do tenente de alcalde, Xan Carlos Sar(BNG) e algo máis de 37.000 euros para dietas, atención protocolaria e gastos de locomoción. Ademais partidas de 54.945 euros para honorarios e pagos xudiciais, 21.000 para gastos de teléfono e 15.520 euros para publicidade varia.

Un dos apartados do gasto que recollen unha maior cantidade é o referido a enerxía eléctrica con 130.000 euros nun capítulo ao que hai que engadir o alumeado nos colexios(16.000 euros) e o alumeado en inmobles(64.000 euros). Para  o tratamento de lixo en SOGAMA destínanse 210.570 euros.

A corporación local de Fisterra está formada por catro concelleiros do PSOE, outros catro do PP, dous do BNG e un edil de Converxencia Galega. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos