5.3 C
Santa Comba
domingo, abril 28, 2024

A recta final do fútbol costeiro en Adiante Galicia

O equipo de deportes de Adiante Galicia ofrécevos como cada semana o resumo da xornada futbolística na Costa da Morte.

Redacción (@AdianteGalicia)

Na Terceira División, temos malas noticias para o fútbol costeiro logo de que o Laracha confirmase o seu descenso á Preferente Norte tras a súa derrota na Magdalena co Racing Villalbés.

Mentres que o Bergantiños segue soñando con eses postos de playoff tras vencer ao Rápido de Bouzas cunha gran actuación da dupla Roberto Piñeiro-Ekedi nun encontro que se resolviu con dous goles do dianteiro camerunés tras dúas asistencias do santiagués.

Na Preferente Norte, o Xallas de Santa Comba complícase a vida cunha derrota en Fontenla ante un rival directo pola permanencia como é o Estudiantil, que practicamente certificou a súa continuidade na categoría coa súa victoria en Santa Comba. Por outra banda, un Dumbría, que xa cumpriu co seu obxectivo, caía por 2 a 0 na súa visita a un Noia que soña co ascenso á Terceira División.

Na Primeira Autonómica, o Baio decía adeus ás súas opcións de promoción coa súa derrota pola mínima co Unión e a victoria do Puebla, mentres que o Sofán volvía a senda da victoria na súa visita ao Silleda tras cinco xornadas sen gañar.

No derbi comarcal, Soneira e Corme empataban a un gol na mañá deste domingo nun encontro no que se adiantaban os cormeláns dende os once metros cun gol de Toniño e Mario, tamén desde o punto de penalti facía o definitivo 1-1.

Un mermado Malpica, que se desprazaba con tan só doce efectivos, vencía ao Cordeiro a domicilio por 1 a 2. E a Esteirana caía na casa ante o Agolada por 1 a 3, a pesar de adiantarse no marcador.

Na Liga da Costa, o trío de cabeza non fallou e o título decidirase na última xornada. O Sporting Zas superou ao Ponteceso por 5 a 1, o Outes sufriu para superar por 1-2 a un Sporting Seaia, que xa é equipo de terceira, e o San Lorenzo venciu por 4-1 ao Buño.

O cuarto clasificado, o Castriz, remontou en San Pedro o gol inicial do Carnota para acabar vencendo por 3 a 1, mentres que o Mazaricos superou ao Cee por 2-3 e segue redondeando unha gran tempada. O Fisterra goleou ao colista por 1 a 5 e xa é o sexto clasificado tras superar a un Baíñas que caíu derrotado na súa visita a As Redondas ante un Cabana que confirmou a súa continuidade un ano máis na Liga da Costa ao igual que o Porteño que continuará na categoría a vindeira tempada tras vencer a un combativo Volantes de Baño.

E, por último, o Monte Louro son virtualmente equipo de terceira autonómica a pesar de vencer ao Camariñas no Agra de Filgueira. Os muradáns terán que esperar a que finalice a promoción de ascenso á Primeira Autonómica para saber en que categoría xogarán a vindeira tempada.

Na Terceira Autonómica, o Cerqueda proclamouse campión da categoría por primeira vez na súa historia logo da derrota do Ameixenda en Corcubión por 5 a 3, a pesar de que os da parroquia malpicana caían por 3-0 na súa visita a Arliña co Muxía.

Por outro lado, o Coristanco seguirá pelexando pola segunda posición co Ameixenda logo de vencer ao Nantón por 5-1. No duelo de colistas, o Laxe venciu ao Castrelo por 2-0 no Municipal con goles de Santi e Dani Pose.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos