6.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Abelenda:»Os sindicatos suizos non teñen subvencións»

Xosé Abelenda é o responsable de migración do sindicato Unia na cidade suiza de Bienne, no cantón de Solothurn. Este xalleiro de Grixoa de Esternande visita con frecuencia as comarcas do Xallas e Bergantiños. Militante político de base en Galicia, iniciou a actividade sindical no país dos reloxos.

P- Xosé Abelenda e o sindicato Unia tiveron moita repercusión por unha problemática que afectaba a unha empresa moi potente como Inditex e as condicións laborais nunha obra dunha tenda en Zurich.

R- Estivemos desbordados a nivel mediático. Hai casos de maior calado que non saen na prensa, pero cando se toca a un grupo poderoso como Inditex, a verdade é que ten a súa repercusión, e a nivel dos medios de comunicación helvéticos foi algo moi forte.

P-Tamén se destapou un problema dunha suposta manipulación de emigrantes.

R-Segue sendo un problema. Temos esa empresa denunciada. Animo a mais xente que non denunciou que o faga, que se dirixa a nós. 

P-¿Cómo comezaches a túa actividade sindical?

R- Desde a base. Sempre tiven aquí contacto co tema político. Empecei traballando no tema sindical, cando unha persoa o sente é todo máis doado.Nós tamén facemos unha laboura de asistencia social coa axuda a emigrantes.

P-¿Os sindicatos suízos son como os españois?

R-Prácticamente non teñen nada que ver. Nós vivimos do diñeiro que pagan os nosos militantes a través das cotas. Non temos subvencións do estado. E máis difícil mobilizar a xente e non hai esa forza pero a nivel de negociación somos moi fortes.

P- Supoño que terá moito contacto con emigrantes da zona.

R-O meu escritorio parece a casa de Galiza na cidade Bienne. A xente ven preguntar polas pensións, polos acordos bilaterais,etc.

P-Como andan as cousas no eido laboral por Suíza..

R-A cousa non está moi doada. Hai moitísimo traballo pero cada vez hai mais xente. Hai partidos de extrema dereita que están acusando de todos os males os emigrantes que están sendo o branco fácil destes partidos.

P– É moi diferente a política alí?

R-A política non é profesional. Un alcalde ou un concelleiro non viven diso e os deputados e os ministros viaxan en tren.

Cando digo o que ganan aquí os deputados dálle a risa. E non é problema de autonomías.Suíza ten un montón de cantóns, e  en cambio non hai problemas de financiamento.Alí dimiten eles sós. Aquí non hai quen os bote

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos