9.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Primavera Teatral de Paiosaco 2024

Desde hai xa trece anos a Primavera Teatral está consolidada na vila de Paiosaco como unha cita de referencia durante o mes de abril na que desfrutar das artes escénicas con espectáculos teatrais de alta calidade, do mesmo xeito que se fixo recentemente, no mes de marzo, en Caión con Teatro con Salitre e en novembro cos Venres Teatrais da Laracha.


Como é habitual, o ciclo deste ano constará de tres funcións a celebrar sempre en venres, ás 21:00 horas e no Centro Sociocultural de Paiosaco, con entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade máxima do auditorio.

Apaga o Candil


A primeira peza será o 12 de abril con Apaga o candil, unha proposta de Contraproducións escrita e dirixida por Cándido Pazó e protagonizada por Avelino González e Toni Salgado.

A obra céntrase na figura de Carlos O Xestal, folcrorista, contador de historias e humorista galego de gran popularidade nos anos ’60. O espectáculo promete divertir, emocionar e facer reflexionar ao público mediante a reivindicación da riqueza da tradición oral e a memoria rural como bases da identidade cultural. Está dirixida a maiores de trece anos.

A pousada da pantasma coxa


O día 19 será a quenda para a arteixana Asociación Cultural Faiscas, formada integramente por mulleres afeccionadas ás artes escénicas, con A pousada da pantasma coxa. A peza, dirixida a todos os públicos, ten por protagonistas a dúas camareiras de piso dun pequeno hotel que, para atraer clientela, deciden ofertalo como un edificio habitado por unha pantasma coxa que aparece polas noites.

O auto de Castromil


A última función, o venres 26, será O auto de Castromil, de Producións Teatrais Excéntricas. Cun elenco composto por Victor Mosqueira, Patricia Vázquez, Marcos Orsi e Rocío González, baixo a dirección de Quico Cadaval, o espectáculo, feito con anacos de obras de Manuel María, acontece nunha viaxe onírica por Galicia a bordo dun coche de liña. O espectáculo é pensado para maiores de trece anos de idade.

Nota de prensa do concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos