11 C
Santa Comba
jueves, mayo 16, 2024

O Plan Único inviste 3,3 millóns de € na comarca de Fisterra

A deputada de plans provinciais, Cristina García, visitou o concello de Corcubión co deputado Xosé L. Penas, onde presentou os datos do Plan Único e coñeceu algunhas das obras financiadas cos fondos da Deputación.

Mantiveron un encontro co alcalde Francisco Xabier Domínguez e con membros da corporación local.

O Plan Único contempla en toda a comarca de Fisterra un investimento de máis de 3 millóns de euros para 2024, que se reparten entre os concellos de Corcubión, Muxía, Dumbría, Fisterra e Cee. Esta cantidade inclúe o importe da fase inicial, que alcanzou os 1.681.197,34 € e o adicional, cuxas partidas foron aprobadas o pasado venres no pleno da Deputación, que suma 1.645.311,97 €.

Plan Único Corcubión

Con respecto a Corcubión, García informou que chegan ós 251.260,59 € sumando os 126.985,56 € da fase inicial e os 124.275,03 € da adicional. Financiaranse actuacións no casco histórico.

“En casos coma este de Corcubión é nos que o Plan Único cobra todo o seu sentido”, salientou Cristina García. “Esta ferramenta está pensada para que os veciños e veciñas de concellos pequenos, como o de Corcubión, poidan ter mellores servizos e, polo tanto, unha mellor calidade de vida”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos