A mariscadora e portavoz do PP acudiu a toma de posesión cunha camiseta de encaixe coa figura dun pulpo.
A portavoz do Partido Popular de Camariñas, Paula Mouzo Mas, “xurou” este martes o seu cargo como deputada autonómica, relevando ao actual alcalde de Ferrol, José Manuel Rey.
Pasa así a formar parte do Grupo parlamentario popular. Inmediatamente despois da toma de posesión xa asistiu ao seu primeiro pleno da cámara.
Un pulpo de encaixe
En declaracións a Adiante Galicia, Paula Mouzo, manifestou estar “moi contenta por esta nova experiencia que é unha oportunidade para defender os intereses de Camariñas e da Costa da Morte”.
Promete “traballo e ilusión” e sobre a súa rechamante camiseta coa imaxe dun pulpo feito de encaixe de palillos dixo:“É un xeito de homenaxear ás xentes do mar e as nosas palilleiras”.