14.5 C
Santa Comba
domingo, julio 14, 2024

Plan de seguridade para o Asalto ao Castelo e a Faguía de Carnés

O Concello de Vimianzo celebrou na mañá de hoxe unha Xunta Local de Seguridade, de carácter extraordinario, co obxectivo de ter un plan de prevención e actuación durante as festas do Asalto ao Castelo e a Faguía de Carnés.


A xuntanza estivo presidida pola alcaldesa, Mónica Rodríguez e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; ademais de varios membros dos corpos de seguridade.


Durante a sesión, celebrada na Sala de Xuntas do Concello, coordinouse o dispositivo de seguridade que se desenvolverá durante dúas das festas con maior afluencia de público no municipio como son o Asalto ao Castelo, declarada de Interese Turístico de Galicia e que do 30 de xuño ao 1 de xullo celebrará a súa XXVI edición, e a Faguía de Carnés, cuxo día grande será o 9 de xullo coa tradicional degustación de callos.


A rexedora vimiancesa agradeceu a colaboración e implicación da Subdelegación do Goberno e tamén das forzas de seguridade porque “o importante destas festas é desfrutar entre familiares e amigos, por iso debemos contar cun plan rápido e eficaz en caso dalgún tipo de emerxencia para manter a seguridade de todas as persoas asistentes”.


O dispositivo para garantir a seguridade nas celebracións estará reforzado con efectivos de Seguridade Cidadá da Comandancia da Garda Civil da Coruña. Tamén se contará coa presenza de patrullas da Garda Civil de Tráfico de Corcubión e se dará apoio á Policía Local con axentes doutros concellos. Por outra banda, Protección Civil dispoñerá de 15 efectivos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos