A parroquia de Oca, no concello de Coristanco, celebra a Festa na honra da Virxe do Corpiño. Este venres 30 de xuño terá lugar a Procesión das Antorchas desde as 21,30h.
O sábado 1 de xullo, na igrexa, teremos misas ás 10, 11, 12 e 13h e tamén pola tarde, ás 20h. Haberá música a mediodía co trío Karma.
O domingo 2 de xullo, as miras serán de novo ás 10, 11, 12 e 13h. As “repichocas” correrán por conta da artista Rocío Pérez.