14.4 C
Santa Comba
sábado, noviembre 9, 2024

Mazaricos reivindícase en FITUR como un destino acolledor e en expansión

O Concello de Mazaricos estivo presente un ano máis en FITUR para promoverse como destino turístico e consolidar, logo do Xacobeo, o seu lugar como municipio en expansión dentro do sector. Unha delegación conformada polo alcalde, Juan Blanco, o concelleiro de Turismo, Jorge Sanmartín, e representantes da hostalaría local participaron nun foro onde institucións e empresas de todo o mundo atopan un punto de encontro para desenvolver estratexias de promoción turística.


Coincidindo con esta viaxe, o Concello lanzou en redes sociais o vídeo #IstoéMZ, unha peza audiovisual breve onde moitas veciñas e veciños de Mazaricos expoñen, con moito humor, as cousas que vale a pena coñecer en Mazaricos, onde non faltan lugares emblemáticos como as fervenzas ou manxares como a carne, o pan ou as filloas mazaricás.

O vídeo, que apela a unha serie de valores materiais e inmateriais que caracterizan Mazaricos como lugar de residencia e como destino turístico, gozou dunha grande acollida nas distintas redes sociais, onde durante as primeiras 24 horas acadou preto de 50.000 visualizacións e obtivo máis dun milleiro de reaccións.

Acordos de promoción turística


Por outra banda, a delegación mazaricá pechou acordos de promoción turística con diversos blogers especializados en promoción turística. O Concello considera internet como a principal plataforma de difusión do municipio como destino, seguindo a liña aberta nos últimos anos que acadou records no número de visitantes durante 2022 e permitiu a apertura de novos establecementos na localidade ata multiplicar o número de aloxamentos dispoñibles.


Por outra banda, a delegación mazaricá participou en varias presentacións promovidas por entidades turísticas galegas e do ámbito da Costa da Morte. Deste modo, estiveron presentes no acto centrado na publicación “Fervenzas de Galicia, poema visual”, onde se inclúen dúas fervenzas mazaricás. Tamén participaron nas presentacións de “Un mar de gracias”, organizada por Solpor (Asociación de Empresarios do Camiño Santiago Muxía Fisterra), e de “Costa da Morte, de camino a ser destino starlight”, organizado por Turismo Costa da Morte (CMAT), así como “Até o fin. O Camiño de Santiago acaba no mar”, da Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra a Muxía.

«Chegamos a Fitur coas ideas claras»


O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, salientou que “un ano máis chegamos a FITUR coas ideas claras sobre como queremos medrar como destino turístico e as ferramentas necesarias para acadar estas metas” e “a seguridade de sermos un destino en expansión”. O concelleiro de Turismo, Jorge Sanmartín, salientou que “despois dun ano Xacobeo moi bo, o noso reto é consolidarnos como un destino que reúne atractivos naturais, gastronómicos e paisaxísticos entre os que se inclúe, por suposto, o Camiño de Santiago, pero que vai aínda máis alá”.

Nota de prensa do concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos