12.3 C
Santa Comba
sábado, marzo 25, 2023

O potencial das nosas fervenzas no escaparate de Fitur

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta tarde na presentación do catálogo “Fervenzas de Galicia, Poema Visual” no stand de Galicia en Fitur, un proxecto froito do traballo de dous anos nos que se reúnen e clasifican saltos de auga espallados por toda a xeografía galega.

Fervenzas, turismo sustentable

“Nunha terra cunha infinidade de oportunidades por descubrir e desfrutar temos a capacidade de ofrecer un turismo alternativo, tranquilo e non masificado”, defendeu Nava Castro.

Nese sentido, situou as fervenzas como un atractivo sustentable e de calidade para unha actividade turística desestacionalizada e “de excelencia, con experiencias e vivencias únicas”.

É unha das iniciativas previstas neste evento internacional. Neste acto estivo presente o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro e a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, entre outros.

Un poema visual

Na edición on -line do catálogo “Fervenzas de Galicia, Poema Visual” aparecen diferentes fervenzas como Noveira, Gosolfre, Santa Locaia, Enxilde, Vioxo-Chacín, Fírvado, no concello de Mazaricos, San Crimenzo, Ézaro, Busto, Pozas de Carboal e Hospital, no concello de Dumbría.


E tamén a Fervenza de Castriz, en Santa Comba, as Caldeiras do Río Castro, en Muxía ou a do Rexedoiro, no concello de Val do Dubra.


Accede aquí ao Mapa Interactivo- Fervenzas de Galicia

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,838SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos