O Partido Galego fará a presentación pública da súa agrupación local de Santa Comba o vindeiro sábado 28 de xaneiro de 2023, nun acto que se desenvolverá no establecemento “Mamma Mía” (A Ponte) desde as 16,30h.
“Daremos a coñecer ás persoas que van a liderar a agrupación local e que van a estar a disposición da veciñanza” manifestan desde o partido que xa lanzan unha mensaxe:”Un novo goberno municipal é posible”.
Nunha entrevista no programa “A Trencha” de Adiante TV, o secretario xeral do Partido Galego, Maxi Vázquez avanzaba:”En Santa Comba presentaremos unha agrupación local coa idea de ser un referente nas próximas eleccións”.
FOTO- Congreso nacional do partido en Arzúa
Compartimos a entrevista con Maxi Vázquez